Saúde
Pasándoo ben
Participación social
No traballo
Na casa
Movéndonos
Ir a mercar
Informándonos
En familia
Libros
Películas
Discos
QUE É EdPAC
Educación para a Acción crítica –EdPAC- é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en xaneiro do 2003, por persoas vinculadas á intervención social dende diferentes ámbitos
 

O traballo dos seus membros non é remunerado. A totalidade dos ingresos destínanse ás súas actividades.

 

Dende un núcleo inicial que nace na provinvia de Barcelona, actualmente colaboran persoas de Euskal Herria e Galicia. EdPAc prantexa un traballo de acción participativa en red. Así, trátase dunha iniciativa máis dentro da chamada outra globalización.

 

A súa intervención conxuga a acción local –cara a cara- e a comunitaria.

 

EdPAC, Educación para a Acción Crítica, ten o NIF G 630 821 35.036.842-E e está inscrita no Rexistro do Departamento de Xustiza da Generalitat de Catalunya co número 27.436.

 
O seu enderezo legal é Sant Pere més Altt, 31, 2º 3ª, 08003 Barcelona. O de correo atoparalo en CONTACTA.
 

OBXECTIVOS

·

Fomenta-lo pensamento e a acción crítica.

   
·

Poñer ao alcance de axentes sociais medios para traballar unha postura crítica ante a sociedade actual, buscando alternativas viábeis.

   
·

Potencia-la implicación e participación nunha acción transformadora dende o cotiá.

   
·

Impulsa-la toma de conciencia do que se fai e como repercute nas outras persoas e no entorno.

   
·

Elaborar e difundir materiais educativos.

   
·

Promove-la conciencia ante a manipulación dos medios de comunicación e a publicidade.

   
·

Estimular estilos de vida fundamentados en consumos responsábeis, ecolóxicos e sostíbeis.