Saúde
Pasándoo ben
Participación social
No traballo
Na casa
Movéndonos
Ir a mercar
Informándonos
En familia
Libros
Películas
Discos
Mellora as nosas ideas e comparte as túas. Todas elas a propuestas@edpac.org
IRÁS A PAÍSES DO TRÓPICO
Por descontado que te vacinarás da hepatite, o tétano, o paludismo ou o que sexa
Xa que á túa corrente sanguínea lle meterás de todo, engade tamén a lista de vacinas contra a intolerancia, a estupidez, o pensamento único ou o mal xenio.
 
ESTÁS DE FESTA
A noite é longa, fai moita calor e o corpo pide líquido
Volve á barra co teu vaso e pide que cho reenchan. Se insisten en darche un novo e non tes ganas de dar moitas explicacións, preséntate así: “Son un/unha enfermo/a da reciclaxe”
 
ADMIRAS O TRABALLO QUE FAI ALGUNHA ENTIDADE
A independencia das ONG unicamente é posible se teñen independencia económica
Faite socia ou faino socio. Quizais para ti non sexa moito, pero si o será para a tarefa da entidade. O teu grao de area é importante (na praia un só grao cárgase unha cámara dixital multiplex megazoom).
 
TES UNHA COMPAÑEIRA FEA OU UN COMPAÑEIRO GUAPO
Estas persoas están fartas (moi fartas) de que o seu físico nos determine- por un lado ou outro- á hora de relacionarnos con elas.
Achégate a elas con toda a normalidade do mundo. Dalle importancia á persoa- o contido- e non ao corpo- o continente. E dalla aos pementos (que por algo valen un pemento).
 
ESTÁS FARTO/A DE PROPAGANDA COMERCIAL
Quizais pasas de pizzas con bonecos, de 3x2, ou de súper descontos coca-cola
Pon un adhesivo ben grande no teu que poña: ¿Publicidade? Non gracias ou Propaganda = kk (cada vez as teñen máis en conta)
 
IRASTE DE VACIÓNS
Ao teu coche tamén lle tocan 30 días por ano traballado.
Merca un billete de tren e di adeus ao teu vehículo desde a ventá. Así en setembro teredes máis cousas que explicarvos (o roce excesivo rompe moitas relacións).
 
MERCAS NAS TENDAS PEQUENAS
Ao mellor non sabes que se pagas con tarxeta, regalas sobre un 5% da túa compra ao banco ou caixa e a Visa ou Mastercard
Saca o diñeiro do calcetín con Devor-olor ou da caixa do caixeiro que atopes máis preto e paga en efectivo. E explícalle porque o fas; xa verás como se enche de ledicia (¿regalarache un caramelo?)
+ info en:  http://redcame.org.ar/comunicado.php3?id=286
 
QUERES BOTARLLE UN VISTAZO Á PRENSA
Unha cousa é ler o xornal e outra é botarlle unha ollada (como facemos co do veciño no autobús)
Consulta os titulares por Internet. Os ollos pican un pouco máis, pero máis lles pica ás árbores as serras mecánicas cando as tallan.
 
A TÚA LAVADORA TEN AUGA QUENTE
Non só gasta moita máis enerxía, ademais a roupa dura menos.
Despídete do termostato e lava todo en auga fría. Fíxate, se non, que branca teñen a pel os osos polares e as focas cando nacen.