| A acción crítica, é un proceso que vai do individual ao colectivo e viceversa. É traballar dende o cotiá para cambia-lo global, pensando criticamente para actuar e así mudar unha realidade inxusta, manipulada e distorsionada
|
Se non está nas nosas mans decidir que iniciativas van toma-los estamentos políticos, os fluxos financeiros ou as compañias multinacionais, si o está responsabilizarnos dos nosos actos cotiás.
|
Dende pequenos imos conformando –mediatizados polo noso entorno- a nosa personalidade, a nosa moral, a nosa ética, a nosa maneira de tomar decisións.
|
Primeiro, as nosas respostas e accións adoitan ser egocéntricas e baseadas nos nosos intereses e necesidades. E, aínda que deberíamos ir evolucionando, a realidade demóstranos que unha gran parte da poboación adulta está ancorada nesta fase, como consecuencia da dinámica xeral da sociedade.
|
| A maioría das mulleres e homes actuamos en base ás normas e convencións establecidas, sen cuestionarnos nada máis, buscando sinxelamente o recoñecemento social.
|
Cara onde sería bo que evolucináramos? A ser capaces de cuestiona-las normas socialmente establecidas e actuar en base á ética e moral universal (conxugando os nosos proprios intereses cos das demáis persoas) e individual (cuestionando as cousas e actuando en consecuencia)
|
|
Unha vez comprendido que implica o noso quefacer cotiá, algunhas persoas valoramos que atenta contra os nosos principios persoais ou sociais, e que podemos mudar para que a nosa práctica sexa coherente con aquelo que nos é importante.
|
| Se nos queren dar a entender que, fagamos o que fagamos, todo seguirá igual (non hai alternativa ao sistema) o importante non está ao noso alcance, as propostas de acción crítica –que EdPAC promove- volverannos a facer crer que, ao fin e ao cabo, ninguén mellor que calquera de nós para demostrar que a realidade se pode mudar (outro mundo é posíbel)
|
Porque un consumo xusto e responsábel pasa por unha marca de chocolate ou outra; a manipulación sexista cuestionase mercando un iogur ou outro; o buraco da capa de ozono redúcese subindo o carro do bebé ao tren e a participación política concrétase en deixar de ver certo programa da tele.
|
|
Así, escollendo que gasolina se porá na moto, en que banco ou caixa abrir unha conta corrente, que música escoitar ou que xantar dar a unha filla. . . pero tendo en conta que implica cada un destes actos, non só se terá a satisfacción de poder face-lo en base aos principios de cada un, senón que se participará colectivamente nun movemento de participación cidadá que influirá directamente nun cambio social
|
EdPAC ofrece aos cidadáns directamente, como a persoas que co seu traballo ou dedicación (axentes sociais, profesionais da educación, membros de entidades, etc.) interveñan na comunidade, ideas e ferramentas prácticas para pode-lo realizar.
|
|